top of page

A nosa idea

A nosa idea nace da inquietude de entender a construción como algo vivo. Nos tempos que corren, a crise do sector da construción do pais, sumado ao problema da polución, da contaminación das grandes cidades, son temas punteiros, de interese e 

preocupación da nosa sociedade. 

 

Nós quixemos ir máis aló, preocuparnos por a natureza e o cambio climático demostrando que o sector da construción pode rexenerarse e converterse en solución das novas preocupacións da sociedade. As numerosas campañas, charlas, actividades formativas adicadas a esta liña de traballar a construción, deunos a entender que estamos a falar da construción do 

futuro, aquela que busca o encontro coa natureza, estamos a falar da reinvención, unha nova forma de enfocar un sector tan magoado pola crise,  isto foi, sen dúbida, o que nos motivou para emprender esta viaxe tan pouco explorada en zonas como Galicia, sendo xa de obrigado cumprimento a implantación destas cubertas axardinadas en numerosas cidades do mundo, cidades concienciadas co entorno, sen dúbida, modelos a seguir.

Todo isto foi o que nos motivou para emprender esta viaxe cara novas forma de construír, de mellorar o noso traballo, aportando calidade de vida e novos espazos urbanos.

bottom of page